PREMEDE NA IMAXE PARA ODER VER TODA A INFORMACIÓN E IMAXES DO DÍA DO ENTROIDO 2024
Autor: Uxía Pérez Míguez
FESTIVAL NADAL 2023
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Un Nadal máis chegan as nosas recomendacións lectoras da man da biblioteca escolar do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO
25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
NOVIDADES

MAGOSTO 2023
O xoves 9 de novembro celebramos o magosto no centro. O primeiro foi participar en equipos en diversos xogos lúdicos para traballar o léxico do Magosto e a castaña, así como as propiedades nutritivas deste froito seco. Despois desfrutamos desta festa comendo as castañas e pintando a cara, como xa é típico.
XOGOS DO MAGOSTO
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO CON IMAXES DESE DÍA:
XIX FESTA DOS COGOMELOS DE SOUTELO DE MONTES
O día 5 de novembro, tivo lugar en Soutelo de Montes a “XIX Festa dos Cogomelos”
A asociación “O Can de San Roque” púxose en contacto co centro para ofrecernos a posibilidade de deseñar o cartel desta festa gastronómica.
Aquí tedes unha mostra dos deseños que lle entregamos:
AULA DE INFANTIL
AULA DE 1º/2º DE PRIMARIA

AULA DE 3º/4º PRIMARIA

AULA DE 5º/6º PRIMARIA

O CARTEL ELIXIDO POLA ASOCIACIÓN PARA PUBLICITAR A FESTA DO COGOMELO FOI O SEGUINTE:

MOITOS PARABÉNS Á AULA DE 5º/6º DE PRIMARIA
TÉÑENO BEN MERECIDO! MOI BO TRABALLO!!!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Un ano máis facemos entrega das Mochilas Viaxeiras nesta data tan importante.
A seguir lendo!

Día das Escritoras
Con motivo do Día das escritoras o alumnado do 5º e 6º cursos participaron nunha xincana literaria na nosa biblio. Seguindo pistas tiveron que reunir pezas duns crebacabezas e descubrir que escritora galega se escondía en cada un. Fixérono xenial!







