Hoxe é o Día das Escritoras e para celebralo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria elaboraron unhas fichas para coñecer un pouquiño máis ás escritoras presentes na nosa biblioteca. Este é o resultado:

 

Ademais, fixemos unha selección dalgúns dos libros destas autoras para expoñer. Seguro que terán moito éxito entre todos os nenos e nenas.

Chegou o día tan esperado por todos: O DÍA DE FIN DE CURSO

Hoxe, ao igual que anos anteriores, foi un día de ledicia no colexio, xogamos, divertímonos moito, tanto os nenos e nenas como os mestres e mestras.

Foi un día coma sempre moi especial onde se mesturan momentos de alegría e moitas risas con momentos de nerviosismo e nostalxia por diversos motivos. Un deles foi despedir ao noso alumnado de 6º de Primaria que comeza unha nova etapa na que lle desexamos toda a sorte do mundo. Moitas grazas por regalarnos tantas cousas en todos estes anos que estivestes no Ceip Soutelo de Montes. Grazas por loitar, por non rendirvos nunca, grazas polos vosos sorrisos e tamén polas vosas bágoas, polo voso esforzo e polo voso comportamento, en definitiva GRAZAS POR ENSINARNOS TANTO!!!

MOITAS GRAZAS: MARTINA, UXÍA, DUNIA E MARCOS

AQUÍ VOS DEIXAMOS A SÚA ORLA

E AQUÍ PODEDES OLLAR  UNHAS IMAXES DESTE DÍA

Agradecemos moito toda a comprensión e boa disposición  das familias neste curso tan complicado para todos-as.

O CEIP SOUTELO DE MONTES DESÉXAVOS A TODOS: UNHAS FELICES VACACIÓNS!!!

Este é un gran traballo feito polo alumnado do CEIP Soutelo de Montes e polo alumnado do CPI Atios de Valdoviño.

Na seguinte presentación, primeiro, veredes unha parte de documentación sobre dous aspectos: AS REGUEIFAS e a escritora XELA ARIAS (autora homenaxeada este ano 2021 no día das Letras Galegas)

Nesta documentación e actividades baseáronse os alumnos e alumnas para logo regueifar sobre a vida e obra de Xela Arias, conseguendo así un doble obxectivo que é: acercarnos a esta marabillosa tradición oral da cultura galega (as regueifas), e coñecer a esta autora innovadora e trangresora. Na parte final da presentación poderedes ver os vídeos das regueifas compostas e cantadas polo alumnado e mesmo tamén por algunhas mestras.

Non perdades a oportunidade de apreciar un traballo tan completo e ao mesmo tempo divertidísimo. Estamos seguros de que a moitos dos alumnos e alumnas lles van quedar as regueifas e a obra de Xela Arias nun recantiño dos seus corazóns, que é onde os coñecementos perduran para sempre.

PARABÉNS AO ALUMNADO DOS DOUS CENTROS EDUCATIVOS!!!

 

O próximo luns, 17 de maio, celebramos o sempre esperado Día das Letras Galegas e nós xa estamos preparados! Na biblio tedes á vosa disposición libros relativos ás diferentes figuras ás que se lle adicou este día os últimos anos resaltando os da homenaxeada neste 2021: Xela Arias. Agardo a vosa visita!