Durante este curso traballamos un PDI que se levará a cabo en 2 cursos académicos (24-25 e 25-26) Durante este curso centrámonos nos animais vertebrados.
No seguinte enlace tedes acceso á memoria descritiva e gráfica do traballo levado a cabo durante este curso. Só nos queda felicitar ao noso alumnado polo seu traballo, esforzo e gran creatividade que poderedes ver nas imaxes e vídeos que así o documentan.
Como ben sabedes, este curso mergullámonos na nosa biblioteca para navegar polos mares e océanos do mundo, pero esta vez tivemos uns compañeiros excepcionais: o alumnado e profesorado do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei.
O produto final do traballo conxunto dos dous centros foi unha exposición común que tivo lugar no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, chamada:
O mércores 12 inauguramos a exposición e realizamos diversos talleres:
O alumnado de 3º e 4º está a traballar nun proxecto da biblioteca sobre o Universo.
Para comezar, pescudaron estudaron moito sobre os planetas e fixeron esta maqueta móbil e interactiva grazas ao escaneado de códigos QR, onde eles mesmos explican algunhas curiosidades do Sistema Solar.
PODEDES ESCOITAR AS SÚAS EXPLICACIÓNS NOS SEGUINTES VÍDEOS
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria traballou durante os meses de setembro e outubro, na clase de plástica, un proxecto sobre o outono.
Buscamos información sobre o outono, a súa relación coa arte, informámonos das cores típicas das obras pictóricas que reflicten esta época do ano, falamos dos sentimentos e emocións que desperta en cada un de nós esta fermosa estación para logo buscar obras pictóricas onde se plasmaran todas estas informacións e facer cada un deles unha representación persoal. Visitamos a sección da Biblioteca adicada a plástica onde aprendimos unha chea de cousiñas que logo plasmamos nas nosas creacións artísticas. A información recollida acompaña a cada traballo.
E… aquí está, por fin, a nosa curta. Desexamos que vos guste moito!!!
Nós pasámolo xenial con este proxecto, aprendimos unha morea de cousiñas e démonos conta de que vivimos nun concello fermosísimo!!!! cheo de historia, tradición e paisaxes incribles!!!
Como xa sabedes, dende o curso 2014/2015 estase a levar a cabo un Plan de Formación Intercentros da comarca de Terra de Montes. Os tres centros participantes son: o CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) o CEIP de Soutelo de Montes (Soutelo de Montes- Forcarei) e o CEIP San Xoán Bautista (Cerdedo). O obxectivo é acadar os coñecementos e destrezas necesarias para deseñar e aplicar as programacións LOMCE. Seguindo as directrices do novo curriculo cada centro deseñará unha tarefa integrada dentro dun marco común para os tres (a nosa comarca), aplicará dita tarefa e expoñeraa á comunidade educativa como broche final á formación recibida ao longo destes catro cursos. Na nosa tarefa priorizamos a investigación (lectura e comprensión) a expresión oral, o traballo en grupo, as aprendizaxes significativas, as Tics e as emocións.
A relación coas outras UDIS, é que cada centro deseñou a súa tarefa dentro do marco común que é a comarca, onde se traballaron todo tipo de aspectos: características sociais e naturais, patrimonio cultural e artístico, historia… O noso centro traballou a contorna natural( río,fauna e flora) e o patrimonio cultural e histórico ( muíños e pontes) tomando como centro de interese o río Lérez. A temporalización foi no 2º e 3º trimestre do curso 2017/2018.
O produto final presentado polo noso centro foi unha maqueta interactiva do río Lérez, outra maqueta en realidade aumentada dun muíño, ademais de diferentes técnicas de cantería e unha ponte tamén en 3D para logo expresar todo o traballado nunha fermosa curta.
Este é o cartel anunciador do evento que foi o día 18 de maio no auditorio de Cerdedo.
A continuación ímosvos mostrando o noso traballo, paso a paso.
En primeiro lugar, o traballo de avaliación inicial, pescuda de información, así como de investigación e conclusións recollímolo nesta publicación:
Unha vez documentados o segundo paso, foi plasmar o aprendido en diferentes maquetas:
Esta é unha maqueta interactiva xa que a través do escaneado dos códigos Qr proporciona información adicional. Dita información preséntase a través de vídeos explicativos. E esta vez os que explican non son os mestres senón o propio alumnado.
ESCOITADE, ESCOITADE CON MOITA ATENCIÓN!!!
Quedounos clarísimo nenos e nenas!!!
Pero, por se quedara algunha dúbida…
Agora vén o mellor: nuns días PUBLICAREMOS A PELÍCULA!!!!
Estade atentos Á PEREGRINAXE DE FREI BIEITO!!!!!!!