PREMEDE NA IMAXE PARA VER TODA A INFORMACIÓN QUE RECIBIMOS NESTAS DÚAS CHARLAS-TALLER DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE. CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS PARA QUE VEXAN TODA ESTA INFORMACIÓN E CONSULTEN CALQUERA DÚBIDA COS SEUS FILLOS-AS OU CO CENTRO EDUCATIVO
O día 5 de novembro, tivo lugar en Soutelo de Montes a “XIX Festa dos Cogomelos”
A asociación “O Can de San Roque” púxose en contacto co centro para ofrecernos a posibilidade de deseñar o cartel desta festa gastronómica.
Aquí tedes unha mostra dos deseños que lle entregamos:
AULA DE INFANTIL
AULA DE 1º/2º DE PRIMARIA

AULA DE 3º/4º PRIMARIA

AULA DE 5º/6º PRIMARIA

O CARTEL ELIXIDO POLA ASOCIACIÓN PARA PUBLICITAR A FESTA DO COGOMELO FOI O SEGUINTE:

MOITOS PARABÉNS Á AULA DE 5º/6º DE PRIMARIA
TÉÑENO BEN MERECIDO! MOI BO TRABALLO!!!
O mércores 21 de xuño levouse a cabo o acto de graduación do alumnado de sexto de educación infantil e sexto de educación primaria.
Neste acto levouse a cabo a entrega de diplomas e orlas para aqueles alumnos e alumnas que finalizaban estas etapas. Tamén se levou a cabo a visualización dun vídeo moi emotivo con moitos dos momentos vividos desde que o alumnado comezou no centro na etapa de educación infantil. Ademais o profesorado titor e o director do centro dedicoulle ao alumnado unhas fermosas e agarimosas palabras.
PARABÉNS A TODOS E TODAS
E
SORTE NESTA NOVA ETAPA!!!
O martes día 20 de xuño desprazámonos a Forcarei para participar dunha festa conxunta co CEIP Nosa Señora das Dores para celebrar o:
QUE COMO O PASAMOS??
AS IMAXES FALAN POR SI MESMAS
O luns día 19 de xuño o alumnado e profesorado do CEIP Soutelo de Montes desprazouse á península do Grove para realizar unha visita lúdico-didáctica onde realizamos unha serie de actividades nas que aprendimos moito, pero tamén o pasamos xenial!!
Entre as actividades máis destacadas da xornada estiveron:
Visita ao Acuario do Grove
Paseo en tren turístico polo Grove (incluída á illa da Toxa)
Paseo en barco pola ría.
Aquí vos deixamos un vídeo testemuña deste GRAN DÍA!!