Neste trimestre o alumnado do centro estivo acudindo en dúas xornadas diferentes a unhas charlas sobre Igualdade. Estas charlas estiveron organizadas pola ANPA Meixoeiro.
CHARLA IGUALDADE I
CHARLA IGUALDADE II
COMO BROCHE FINAL A ESTA ACTIVIDADE O NOSO ALUMNADO GUIADO POR ANA, DECOROU O CORREDOR DA ENTRADA DA NOSA BIBLIOTECA.
Para poñer o broche final a este día tan especial, o Concello de Forcarei, convidounos a realizar unha actividade xunto co CEIP Nosa Señora das Dores, onde cada neno-a levou unha man de cartolina que representaba STOP VIOLENCIA, e nela escrita unha oración rexeitando este tipo de condutas.
Logo todos-as asistimos á lectura dun MANIFESTO por parte da Concellería de Igualdade.
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE FORCAREI POR FACERNOS PARTÍCIPES DESTA ACTIVIDADE
Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan importante para toda a sociedade:
Este curso xa pola mañá fixemos diversas actividades para traballar esta tradicional festa: os máis pequenos xogaron a BOOM!! e os maiores fixeron un Kahoot por Equipos!! Ao rematar, e co permiso da climatoloxía, desfrutamos no patio dunha xornada de “Xogos Tradicionais”
O alumnado do CEIP Soutelo de Montes festexou o Samaín cunha intensa xornada cargada de actividades. Algunhas das tarefas que se levaron a cabo foron: “As ordes de Osiños”, creación do “Monstro Mafú”, “As verbas do Samaín”, exhibición de disfraces, mostra de cabazas, actividades dende a aula de AL, Escape room de terror e varios retos terroríficos para poder descifrar unha mensaxe final.
Estas son as instrucións xunto cos enlaces para realizar unha xincana que fixemos o día de Samaín. Preme sobre: XOGO SAMAÍN para poder ver o deseño da tarefa e as solucións.