LETRAS GALEGAS 2022

 FLORENCIO M. DELGADO GURRIARÁN

 

E_20161111 As letras de Florencio - UPV/EHU

Florencio Manuel Delgado Gurriarán    Florencio Delgado Gurriarán firma 1970.jpg

 

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi   un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). Encargouse da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.

Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 tendo en conta catro aspectos fundamentais: a súa obra poética, catro libros con diferentes rexistros; a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo adverso que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro; as terras de Valdeorras, coa súa cultura, tradicións, patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua; o entusiasmo, a colaboración, a demanda explícita que as institucións e as xentes dos concellos e as asociacións de Valdeorras lle transmitiron á Academia para que o ano 2022 fose o Ano Florencio Delgado.

Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: KorgomófiloNadelPorto do RíoXan do SilSil e R. Miño.

 

 

 

Todos los libros del autor Delgado Gurriaran Florencio

 

 

 

 

 

 

Co gallo do Día do libro, o luns 25 de abril, o alumnado de Educación Primaria trouxo ó cole o seu libro favorito para emprestarllo a un compañeiro. O empréstito foi acompañado dunha rosa que elaboraron durante a semana anterior. Aquí tedes un vídeo que recolle o intercambio de agasallos.

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DE 2022

Día do Libro e do Dereito de Autor é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril.

As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

 

Día de Sant Jordi. Celebra el día del libro en Barcelona

 

UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e do Dereito de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare.

 

“ O QUE LE MOITO E ANDA MOITO, VE MOITO E SABE MOITO.” CERVANTES.

 

 

Cervantes Vs. Shakespeare – El Origen del Mundo

 

21 DE MARZO “DÍA DA ÁRBORE”

 

As árbores son plantas maxestosas con talos leñosos que levan máis de 300 millóns de anos. De feito, un estudo realizado pola Universidade de Yale estima que había uns 3.000 millóns de árbores na Terra, aínda que este número reduciuse nun 46% desde o inicio da civilización humana, perdendo uns 15.000 millóns de copias anuais.
Non hai que esquecer que as árbores, ademais de ser esenciais para o desenvolvemento dos ecosistemas, tamén xogan un papel fundamental na produción de osíxeno e na redución dos niveis de dióxido de carbono na atmosfera. Así, é a nosa responsabilidade como habitantes deste planeta coidar e protexer as árbores.

 

“Cando arden as árbores, deixan no aire un cheiro a corazón roto”

 

ᐈ Quercus Robur 【 Árboles Exóticos 】

 

 

21 DE MARZO “DÍA MUNDIAL DA POESÍA”

 

A UNESCO adoptou o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e promover a visibilidade daquelas linguas en perigo. “O Día Mundial da Poesía”, dise, “é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir as tradicións orais dos recitais poéticos, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e pintura, e aumentar a visibilidade da poesía nos medios”.

 

En 2022: Poesía pola Paz

 

O 21 de marzo de 2022 coincidirá cun dos momentos máis duros do século XXI: despois dunha grave crise económica e dunha terrible pandemia, aínda sen resolver, unha guerra ás portas de Europa lémbranos outros graves conflitos armados noutros lugares do planeta.

 

Por iso, o Día Mundial da Poesía 2022 celebrarase en moitos lugares con poemas pola paz, co fin de manter a esperanza e ofrecer consolo en tempos tan duros.

Poemas de paz sen data

A.D.C. LUMIEIRA LUGO: 8 MARZO 2018 > DÍA da MULLER TRABALLADORA

8 DE MARZO DE 2022, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA | Concello de Vilasantar

 

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.

 

 

Murguiteca: 8 Marzo:Día Internacional da Muller

 

Campaña 8 de marzo de 2013. Día Internacional de la Mujer | Mujeres en Galicia

ENTROIDO 2022

 

54 ideas de Entroido | carnaval, mascaras carnaval, manualidades carnaval

A tradición do Entroido en Galicia é de todas e todos coñecida. Non hai recuncho galego onde non se festexe dalgún xeito. Son tanto pequenas festas case familiares como grandes eventos de sona máis alá das fronteiras do país, mostra clara do cal é o Entroido de Xinzo, que  foi declarado Festa de Interese Internacional. Estas celebracións teñen unha fonda pegada na gastronomía, nas distintas manifestacións culturais e, como non, tamén na lingua.

 

Pegadas do Entroido no refraneiro galego:

Entroido larafuzán, comiches a chicha e deixaches o pan, empregado para aquelas situacións onde alguén se decanta polo luxo e calidade, desprezando o máis humilde. Martes de entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa, aínda que sexa unha tempada de fartura, mellor ter cabeza ao gastar. Non todos os días son martes de entroido, hai que ter bo criterio e saber administrarse. Coa mesma noción aparece o entroido é un larpeiro, mais é o fillo dun pobre, cada un na súa casa gobérnase como pode.