Coa chegada do mes da ciencia en galego propuxemos ás titoras e alumnado a realización de diferentes experiementos. Primeiro inspiráronse coas nosas propostas.
E despois….a experimentaaaaaaar! Aquí tedes unha mostra!
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller e na biblioteca xa estamos preparados. Fixemos unha selección de lecturas que promoven a igualdade e que están dispoñibles para todos vós.
Este Samaín foi tan terrorífico que o noso alumnado non puido parar de berrar. Que berro vos dá máis medo? Votade nos comentarios poñendo o nome do/a alumno/a que máis terror vos causa.
O día 25 de outubro festexamos o día das bibliotecas escolares. Este ano o lema é ‘A biblioteca ten a palabra’. Dende a biblioteca levamos a cabo a realización dun concurso chamado ‘BIBLIOPALABRA’. Esperamos que vos guste.