Estade atentos que imos publicar proximamente  o traballo do día do libro.

Aí vai unha pista: trátase do segundo  libro máis traducido do mundo, e é español. A mesmísima Xela Arias traduciuno ao galego.

ADIVIÑA…ADIVIÑANZA…

A aula de Educación Infantil compuxo e realizou o cartel de presentación deste día.

A aula de 1º e 2º de Primaria achegounos unha versión propia de “D. Quixote”.

A aula de 3º e 4º fixo o mesmo co autor da obra: “Miguel de Cervantes”.

“Na semana do Día do libro o alumnado de 5° e 6° leu unha versión adaptada do Quixote. Íanse turnando para ler en alto e os demais seguían con atención aos seus compañeiros para poder contestar preguntas relacionadas coa lectura. Gustoulles tanto que están desexando ler a segunda parte”.

Ao rematar esta parte do traballo de acercamento ao Quixote,  o alumnado maior do cole fixo unha tradución ao galego desta versión da obra e unha posterior lectura aos compañeiros, achegando así ao alumnado a unha parte do traballo de tradución que a mesmísima Xela Arias fixera coa obra orixinal.

MIRADE ESTE VÍDEO ONDE SE PODE APRECIAR O TRABALLO DE CADA AULA: 

Con motivo do día da muller traballadora, entre o alumnado de 3º,4º,5º e 6º do Ceip Nosa Señora das Dores e o alumnado do noso centro creamos un Padlet para xogar a QUEN É A PIONEIRA?

É un xogo parecido ao: “Quen é quen?”, pero con mulleres Pioneiras de Galicia. Os debuxos e a información recollida nas fichas enlazadas as imaxes foi elaborada polo alumnado dos dous centros, baseándose nos dous  libros da Editorial Xerais:

“Pioneiras galegas que abriron camiño” 

 e “Pioneiras 2”

A finais do trimestre xogaremos entre os dous centros por videoconferencia.

Por se alguén máis se anima a xogar as instrucións están escritas no Padlet que vos mostramos a continuación:

BRAVO POR ESTAS 23 MULLERES PIONEIRAS!!!

Ademais deste xogo, nesta mesma semana do 8 ao 12 de marzo, tivemos unha visita moi especial que queremos agradecer tanto ao Concello de Forcarei como a Basilisa Fiestras.

O concello de Forcarei decidiu facer unha homenaxe ás mulleres do seu concello, e para iso, encargou á artista forcareicense un mural que poderedes ver a continuación e que está nas paredes do pavillón municipal Paco Rubio. Esta obra  pon de manifesto o papel da muller na historia e na cultura do noso concello.

Se queredes saber máis sobre a historia deste mural, as mulleres que están representadas, ou algunha outra curiosidade, deixámosvos un enlace á páxina do Concello, para que vos informedes.

ENLACE MULLERES DE FORCAREI

 

No colexio tivemos a gran oportunidade de recibir a Basilisa Fiestras, que nos contou a historia dalgunha destas mulleres e algún segredo sobre a simboloxía do  mural. 

 

 

Aproveitando a súa presenza, tamén nos puxo en coñecemento doutras obras súas. Algunhas das que máis gustaron ao noso alumnado foron as esculturas e un vestido feito con lambonadas:

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, BASILISA, FOI UN PRACER COÑECER A UNHA ARTISTA DO NOSO CONCELLO!!!

ESPERAMOS QUE VOLTES AXIÑA POLO NOSO COLEXIO!!!

 

 A temática escollida este ano para a celebración do Entroido consiste en facer unha análise detallada de 4 disfraces típicos galegos (un de cada provincia e explicado un por cada aula):

 

EDUCACIÓN INFANTIL: O OSO DE SALCEDO (Pobra de Brollóns, en Lugo)

AULA DE 1º e 2º de PRIMARIA: OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO (Ourense)

AULA DE 3º e 4º de PRIMARIA: AS MADAMAS DE COBRES(Vilaboa, Pontevedra)

AULA DE 5º e 6º de PRIMARIA: OS XENERAIS DO ULLA (Comarca do Ulla, A Coruña)

 

A análise será artística: recreación do disfraz.

Literaria: explicacións descritivas e recitado de coplas. 

 

Aquí vos deixamos unha presentación con información e vídeos onde o noso alumnado explica con toda claridade os aspectos máis destacados destes tradicionais Entroidos.

 

 (Agradecementos á Asociación “Vello dos Cornos” de Merza, Viladecruces pola súa colaboración no disfraz do Xeneral do Ulla)

Ademais deixámosvos un vídeo onde recollemos as imaxes do alumnado que nos mandou as súas fotos disfrazados na súa casa este Entroido: Ademais deixámosvos un vídeo onde recollemos as imaxes do alumnado que nos mandou as súas fotos disfrazados na súa casa este Entroido:

 

Ademais deixámosvos un vídeo onde recollemos as imaxes do alumnado que nos mandou as súas fotos disfrazados na súa casa este Entroido:

 

MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO POR COMPARTIR AS SÚAS FOTOS CON NÓS

Nos próximos días publicaremos a actividade proposta polo día da Paz.

Este curso fixémola no 3º trimestre, xa que no 2º estabamos a metade do cole na casa confinados, e non tiña sentido facelo.

De todos os xeitos…LEMBRADE: A PAZ TEN QUE SER TODOS OS DÍAS.

Aquí está xa o traballo que realizamos. No vídeo, ademais de imaxes, hai unha explicación de como se levou a cabo esta tarefa interdisciplinar, na que a partires de diferentes ilustracións de lugares ou situacións,  analizamos  as emocións coa axuda da creatividade e da estatística:

Este Nadal foi un pouquiño diferente. Como todos sabemos non puidemos celebrar o tradicional festival navideño xunto coas nosas familias, pero eso non nos impediu ter unha xornada chea de música, contos, bailes…

Este ano grazas á aula de 5º e 6º de Primaria desfrutamos todos e todas posando nun precioso photocall navideño que eles deseñaron para todo o cole.

E por último…recibimos a Papá Noel, cargadiño de AGASALLOS!!!

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver o ben que o pasamos ese día.

 

 

 

 

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado do 5º e 6º cursos de Educación Primaria escolleron un conto clásico para cambiarlle o final, avogando así pola igualdade de xénero. De entre todos os traballos que elaboraron elixiron como o mellor da clase o da súa compañeira Martina Ogando. Noraboa! Aquí volo deixo para que desfrutedes da súa lectura.

 

 

Ademais desta actividade, para traballar este día tan importante e con tanta relevancia na sociedade actual, o alumnado maior do centro, realizou este mural que vos mostramos. O alumnado de 5º e 6º do centro pretende deixar as súas pegadas e contribuír así á concienciación de toda a comunidade educativa neste problema que tanto nos preocupa.

 

MOI BEN, RAPACES E RAPAZAS!!!

Este curso, xa que por mor da pandemia non podemos celebrar o tradicional magosto, ampliamos un xogo que nos encanta: trátase de traballar o léxico: BOOM do MAGOSTO!!! 

O xogo é  interactivo para que así poidamos xogar en cada aula  no colexio e tamén poidades xogar na vosa casa coas vosas familias.

Aquí o tedes: