Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado do 5º e 6º cursos de Educación Primaria escolleron un conto clásico para cambiarlle o final, avogando así pola igualdade de xénero. De entre todos os traballos que elaboraron elixiron como o mellor da clase o da súa compañeira Martina Ogando. Noraboa! Aquí volo deixo para que desfrutedes da súa lectura.

 

 

Ademais desta actividade, para traballar este día tan importante e con tanta relevancia na sociedade actual, o alumnado maior do centro, realizou este mural que vos mostramos. O alumnado de 5º e 6º do centro pretende deixar as súas pegadas e contribuír así á concienciación de toda a comunidade educativa neste problema que tanto nos preocupa.

 

MOI BEN, RAPACES E RAPAZAS!!!

Este curso, xa que por mor da pandemia non podemos celebrar o tradicional magosto, ampliamos un xogo que nos encanta: trátase de traballar o léxico: BOOM do MAGOSTO!!! 

O xogo é  interactivo para que así poidamos xogar en cada aula  no colexio e tamén poidades xogar na vosa casa coas vosas familias.

Aquí o tedes: 

 

 

ESTE ANO, COMO NON PUIDEMOS  CELEBRAR ESTA DATA TAN ESPECIAL TODOS XUNTOS, TAL E COMO VIÑAMOS FACENDO EN CURSOS PASADOS, TIVEMOS QUE AXUDARNOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS, E COA AXUDA DE PADLET, CONECTÁMONOS AS CATRO AULAS DO CENTRO PARA XOGAR AO XOGO DE XESTOS, E ASÍ REPASAMOS O LÉXICO TÍPICO DESTA FESTA TAN DIVERTIDA.

Deixamos aquí o Padlet para que comprobedes o noso inxenio, tanto á hora de xestualizar, como de adiviñar os xestos dos meus compañeiros e compañeiras.

Made with Padlet

 

 

Como ben sabedes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícanse a Ricardo Carballo Calero, un escritor ferrolán moi comprometido coa lingua galega. Xa que non podemos celebrar este día na nosa biiblioteca ímolo facer desde as nosas casas, pero… como? “As Pitas Baixo a Choiva” é un relato autobiográficio de Ricardo Carballo Calero que sei que vos vai encantar. Por iso vos deixo este enlace para gozar da historia:

Gustouvos, verdade? Propóñovos agora unhas actividades interactivas sobre esta historia, seguro que as faredes xenial!

As pitas baixo a chuvia