Como ben sabedes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícanse a Ricardo Carballo Calero, un escritor ferrolán moi comprometido coa lingua galega. Xa que non podemos celebrar este día na nosa biiblioteca ímolo facer desde as nosas casas, pero… como? “As Pitas Baixo a Choiva” é un relato autobiográficio de Ricardo Carballo Calero que sei que vos vai encantar. Por iso vos deixo este enlace para gozar da historia:

Gustouvos, verdade? Propóñovos agora unhas actividades interactivas sobre esta historia, seguro que as faredes xenial!

As pitas baixo a chuvia

Ola lectores! Inda que os coles seguen pechados, as novidades seguen chegando á nosa biblioteca de forma virtual. Ao igual que o mes pasado, tráiovos o número de maio da revista O Papagaio. Premede na imaxe para lela. Tod@s a ler!

Os nosos amigos do Papagaio non quixeron deixarnos sen o número de abril da revista. Premede nesta foto para lela. Tamén nos dan a opción de recibila nos nosos correos electrónicos, so tedes que escribir a esta dirección edicionsmoitoconto@gmail.com Saúdos de Ratoteca! 

 

Ola Ratonciños! Póñome en contacto convosco para recordarvos que estes días na casa son ideais para pasar o tempo rodeados de libros de lectura. Debido ao precipitado da situación pode que teñades algún empréstito na casa ou pode que non. Algúns seredes os afortunados gardiáns das Mochilas Viaxeiras. Para os demais hoxe traemos unha serie de propostas para ter a oportunidade de ler na casa.

A editorial Webble ofrece libros gratuítos para descargar ou ler en liña:

 

⇒ Libros y cuentos infantiles gratuitos | Descarga gratis

A Biblioteca Nacional de España (BNE) ofrece unha selección de libros infantís dixitalizados. Tedes que seguir este enlace, facer click na casiña “seleccionar”, na imaxe  despois e o libro ábrese noutra pantalla.

Resultado de imagen de bne

Nesta páxina tedes unha variedade de contos inmensa, clasificados en contos clásicos, ilustrados e populares doutros países do mundo.

Por último, o CEIP de Leirado de Salvaterra de Miño ofrece no blogue da súa biblioteca unha magnífica selección selección de audiocontos. Moitas grazas compañeiras!

Biblioteca de Leirado

Espero que vos guste a nosa selección!

 

Xa chegou o gran día. Hoxe no colexio estamos todos moi diferentes… non sei que pasa que non coñezo a ninguén!!!

Se vos tamén tedes curiosidade, podedes vernos a partir das 12:00 no tradicional desfile polas rúas de  Soutelo. Remataremos na praza do Gaiteiro, onde a Anpa nos convidará a un delicioso chocolate quentiño.

Este ano a temática dos disfraces está relacionada coa arte conceptual. Estamos a traballar as emocións a través da obra do artista Sol Lewitt. Aquí tedes a pancarta de presentación do desfile.

ESPERÁMOSVOS!!!

 


Xa rematou o Entroido!! Que ben o pasamos!!

A climatoloxía foi ideal, desfilamos polo pobo acompañados das familias e veciños.

Chegamos á plaza do Gaiteiro e alí tomamos un chocolate quentiño para repoñer forzas. Moitas grazas a Anpa Meixoeiro por convidarnos e logo… FESTA RACHADA!!!

Bailaron todos e todas: nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais…

Moitas grazas ao profe Manuel por acompañarnos estes últimos meses e axudar a facer este Entroido un pouco máis especial.  Aproveitando que  era o seu último día no noso centro  desexámoslle moita sorte. De seguro que non te esqueceremos!!!

Podedes comprobar o divertido que foi este día no seguinte vídeo:

Este curso, como estamos a traballar as emocións, que mellor oportunidade que expresar as nosas emocións sobre  a Paz a través da arte.

Para iso, cada aula deseñou unha obra pictórica sobre a Paz, relacionouna cunha obra musical e con outra literaria(algunhas delas incluso as crearon os propios alumnos) e o traballo final presentámolo dun xeito moi orixinal: EN CAIXAS.

Para rematar unimos as emocións das catro aulas cunha corda.

Mirade que obra de arte!!!!


AQUÍ TEDES UN AUDIO ONDE O ALUMNADO DE 1º E 2º DE pRIMARIA RECITA UN FERMOSO POEMA:

 

 

Aquí vos deixamos un vídeo con máis fotos, cancións, coreografías e poemas do noso alumnado.

Xa estamos nunha das datas máis añoradas no noso centro.  Un ano máis, pensamos, decidimos, decoramos, ensaiamos, disfrazámonos e aquí está o resultado. Moitas grazas ás familias por asistir ao festival un ano máis, e compartir así unha xornada tan especial; e grazas tamén  a ANPA por colaborar neste día xa que invitou ao noso centro, nada máis e nada menos, que a…

…PAPÁ NOEL !!!

FESTIVAL DE NADAL 2019

FOTOS DO FESTIVAL

 

VIDEO DAS ACTUACIÓNS MUSICAIS

 

OBRA DE TEATRO DO ALUMNADO DE 5º/6º DE  PRIMARIA:

“IR Á ESCOLA NON AMOLA”