Mochilas Viaxeiras
Aquí están os traballos das libretas das Mochilas Viaxeiras do 2º e 3º ciclos que levaron a cabo durante todo o curso.


Booktubers
Daniela volve para recomendarnos un libro que lle gustou moito. Grazas!
II CONCURSO DE CARTEIS (organizado pola Comisión de Festas Cachafeiro-Freixeira)
Este ano participamos no II Concurso de Carteis organizado pola Comisión de Festas de
Cachafeiro – Freixeira.
O debuxo gañador será portada do libro da Comisión de Festas deste ano.
Concederon 3 distincións e no noso centro recaeu o 3º premio. PARABÉNS a Martina Couceiro Constenla polo seu debuxo.
Deixámosvos un enlace onde podedes ver os tres traballos gañadores e os seus diplomas.
Lembramos que todos os debuxos serán expostos polas árbores da carballeira o día 1 de xullo.
https://www.instagram.com/p/CtHGkBLN96x/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==


Mochilas Viaxeiras
Rematando o curso escolar empezamos a recibir de volta as Mochilas Viaxeiras que visitaron as casas do noso alumnado durante este curso. Os primeiros en devolvelas foron Educación Infantil e o 1º ciclo de Educación Primaria. Aquí vos deixamos os traballos das libretas desas mochilas que con tanto agarimo fixeron coas súas familias.


LETRAS GALEGAS: 17 de maio do 2023
Con motivo da celebración das Letras Galegas, coñecimos a vida e obra do autor homenaxeado este ano 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Nesta tarefa o alumnado para coñecer a este autor tivo que convérterse en artista e deseñar unha caricatura, logo coas dúas premiadas confeccionamos marcapáxinas que repartimos polo pobo. Os máis maiores do centro tiveron que programar e traballar coa robótica para acceder a diversa información sobre a vida e obra do autor.
Temos que agradecer a Francisco Fernández del Riego todo o amor e traballo que realizou en prol de Galicia.
AQUÍ VAI A NOSA HUMILDE HOMENAXE
<
Tamén se traballou este día dende Educación Física.
Coincidindo coa celebración das Letras Galegas levouse a cabo, dende a área de educación física, a aprendizaxe dun baile galego. Neste caso a canción que interpretaron é a muiñeira de Chantada.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!
PABLO SEOANE
O xoves 11 de maio contamos no centro coa compañía de Pablo Seoane.
Grazas a este gran gaiteiro, desfrutamos dunha xornada de aprendizaxe lúdico onde Pablo nos sumerxiu na maxia da nosa música tradicional e popular.
Podedes ver unhas imaxes deste CONCERTO-CHARLA DIDÁCTICA SOBRE INSTRUMENTOS POPULARES E TRADICIONAIS.
DÍA DO LIBRO: 24 DE ABRIL DO 2023
O día 24 de abril, algúns membros da ANPA Meixoeiro, achegáronse ao centro para facernos unha visita nas nosas aulas e traernos o mellor agasallo do mundo: UN LIBRO, un amigo!!!!
Premede nos diferentes botóns interactivos para ver imaxes desta marabillosa visita:
MOITAS GRAZAS A ANPA!!!
Día do Libro
Inauguramos a sección Bookflix de recomendacións lectoras no Día do Libro 2023. O alumnado escribiu un pequeno resumo do libro que máis lles gustou ata o de agora.


Credits

http://www.inglesenlamochila.com
NOVIDADES


