XXI FESTA DOS COGOMELOS DE SOUTELO
Como vén sendo xa habitual nas últimas edicións, a Asociación Socio-Cultural Can de San Roque convidounos a colaborar con eles para confeccionar o cartel desta tradicional festa.
Presentamos a continuación as propostas que deseñamos dende o centro:

Este ano a asociación decidiu empregalos todos como así o comunicou nas súas redes sociais.
Podedes premer no enlace e ver a publicación cos nosos traballos:
https://www.instagram.com/p/DPhNLqdjPGb/
O cartel de Infantil foi a base para publicitar o Concurso de Cestas:

Podedes acceder a máis información no seguinte enlace: https://www.instagram.com/p/DQM73uMDJYI/
O cartel de 1º/2º de Primaria anuncia a andaina que se levará a cabo ese día:

Podedes acceder a máis información no seguinte enlace: https://www.instagram.com/p/DP7GsRzDJ-d/
O cartel de 3º/4º servirá para dar a coñecer o programa e os prezos das actividades dese día:

Podedes ver máis información neste enlace:https://www.instagram.com/p/DQfE5iVDIyy/
Por último o cartel coa programación do propio día é o de 5º/6º de Primaria:

Podedes acceder a máis información no seguinte enlace:
https://www.instagram.com/reel/DPpEYffDE1K/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
Deixámosvos o enlace das redes sociais da Asociación para que poidades consultar toda a información desta XXI edición da festa.
Non vos perdades esta gran cita o vindeiro domingo día 9 de novembro!!
https://www.facebook.com/terrademontes/
https://www.instagram.com/asoc.ocandesanroque/