
BOOKTUBERS
Queda inaugurada a nova sección de “Booktubers” do noso cole. Nela, o alumnado de 5º e 6º, dará a súa opinión sobre libros que leron e así animarvos a vós. Mirade que ben o fixo Daniela, parabéns!
NOVIDADES

21 de MARZO: DÍA DA ÁRBORE
O martes 21 de marzo, participamos nunha actividade conxunta entre o CEIP Soutelo de Montes, A Mancomunidade de Montes de Vilapouca e o Distrito Forestal XVI.
O día da árbore comezou cunha camiñata ata o monte comunal de Vilapouca onde o alumnado, profesorado e axentes forestais ademais dos comuneiros de Vilapouca compartimos grandes momentos. Podedes ver as actividades que realizamos e canto aprendimos e nos divertimos.
VIVA A NATUREZA!!!
LEMBRADE QUE HAI QUE COIDALA MOITO!!!
Día Mundial do Síndrome de Down (Xornada de convivencia no CEIP Nosa Señora das Dores, Forcarei)
Mulleres Galegas
Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora aproveitamos para afondar na vida de seis mulleres galegas pioneiras nos seus campos.

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro.
Con motivo do día de Rosalía de Castro levouse a cabo a creación dun mural seguindo o movemento artístico: “pop art”. Neste mural tamén se expuxeron diferentes pistas sobre Rosalía que serviron para respostar a moitas das preguntas feitas nun pasapalabra. Ademais, dende cada aula, investigouse sobre a biografía de Rosalía e fixéronse múltiples actividades e xogos.
NOVIDADES

ENTROIDO 2023
IMAXES DOS DISFRACES DAS NOSAS AULAS.
PREMEDE SOBRE OS BOTÓNS + PARA VER AS FOTOS
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DESTA MÁXICA FESTA:
MOITAS GRAZAS Á ANPA POR COLABORAR CON NÓS NESTA DIVERTIDA E TRADICIONAL FESTA
30 de xaneiro 2023: DÍA DA PAZ
Con motivo do día da Paz, cada aula preparou nunha cartolina información sobre algunha persoa ou organización ás que lle fose concedido un premio Nobel da Paz.
Cada titoría expuxo o seu traballo ao resto dos compañeiros.
AQUÍ PODEREDES VER AS CARTOLINAS DE CADA AULA:
ESTAS SON ALGUNHAS IMAXES E VERBAS DO NOSO ALUMNADO DURANTE A EXPOSICIÓN: