Este curso, ante o éxito que tivo no magosto pasado o xogo de léxico: BOOMM!!! , decidimos ampliar as preguntas e facer o xogo interactivo para que así, ademais de xogar todos e todas xuntos no colexio, poidades xogar na vosa casa coas vosas familias.
Xa se achega unha das datas máis terroríficas do curso:O SAMAÍN!!!
Este ano celebrarémolo o mércores día 30 de outubro, pero uns días antes xa se empeza a respirar un ambiente un pouco terrorífico no cole:
Como cada ano, as familias que así o desexen poderán traer decorada a súa cabaza da casa e o mércores 30, o alumnado que queira, poderá vir disfrazado cunha temática relacionada con esta tradicional festa.
Chegou o día, e coma sempre, a creatividade das familias non deixa de sorprendernos tanto na decoración de cabazas como no diseño dos disfraces. Aquí está a proba:
Durante este curso imos traballar as emocións e que mellor oportunidade que o SAMAÍN para analizar os nosos MEDOS,NOXOS, ASOMBROS…
Aquí vos deixamos un blogue onde reflectimos dalgunha maneira as emocións máis presentes do Samaín:
AS EMOCIÓNS DO SAMAÍN
E, para rematar este emocionante día, nada mellor que un postre terrorífico:
COULANT DE CHOCOLATE sobre SANGUE (marmelada de arándanos)
elaborado polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e baixo a supervisión do noso CHEF: RUBÉN.
O 23 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares no noso centro. Como sempre, a profe Uxía repartiu os carnés, informou do funcionamento e partes da Biblioteca e deu o pistoletazo de saída ás mochilas viaxeiras.
Este curso como novidades temos:
1º ACREDITACIÓNS DOS NOVOS ALUMNOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA.
2º SUSCRICIÓN Á REVISTA PAPAGAIO
3º O LECTÓMETRO
O alumnado de Primaria poderá contabilizar os libros lidos este curso coa axuda do lectómetro que está na nosa Biblioteca.
4º A MÁQUINA DA VERDADE
O alumnado que lea o mesmo libro poderá someter ao seu compañeiro-a de lectura ao polígrafo con preguntas sobre o mesmo. Primeiro terán que ler o libro e formular as preguntas na seguinte solicitude dirixida a Ratoteca, a mascota da nosa Biblioteca.
Unha vez que Ratoteca lle comunique o día e a hora, poderán xogar.
Comezamos o curso cunha novidade que nos acompañará todo o curso: a revista “O Papagaio”.
“O Papagaio” é un xornal para nenos e nenas que trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada e literatura entre outros moitos. Está á vosa disposición na biblioteca para ler cando queirades. Vide botarlle un ollo, vaivos encantar!
Canto traballamos, rimos, disfrutamos, sorprendimos e sorpendéronnos, tamén nos enfadamos, choramos e sufrimos, pero en definitiva….
FOI UN GRAN CURSO 2018/2019!!!
Como todos os anos o colexio e a ANPA Meixoeiro, organizaron a festa tan esperada polo noso alumnado: inchables, chapas, maquillaxe, xogos, cochiños, demostración de zumba e como remate, para recuperar forzas, uns pinchos deliciosos…
MOITAS GRAZAS A ANPA MEIXOEIRO POR COLABORAR CO COLEXIO UN ANO MÁIS.
As imaxes deste día quedan no noso recordo e corazóns porque, coma sempre, despedimos as alumnas de 6º de Primaria que se van para o instituto. Botarémosvos en falta, pero sabemos que ides a comezar un novo período nas vosas vidas cheo de emocións, ilusións e esperanzas.
Como ben sabedes, o proxecto do curso pasado que realizamos xunto co CEIP Nosa Señora das Dores e o CEIP San Xoán Bautista, recibiu dos premios.
Pois chegou a hora de recollelos e así o fixeron os directores dos tres centros e a coordinadora do Proxecto: María Abilleira.
Deixámosvos o enlace da noticia que publicou o Faro de Vigo. Para nós é un orgullo recibir estes dous premios e queremos volver a dar as grazas ao alumnado e ás familias polo seu esforzo e adicación.
Como ben sabedes, este curso mergullámonos na nosa biblioteca para navegar polos mares e océanos do mundo, pero esta vez tivemos uns compañeiros excepcionais: o alumnado e profesorado do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei.
O produto final do traballo conxunto dos dous centros foi unha exposición común que tivo lugar no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, chamada:
O mércores 12 inauguramos a exposición e realizamos diversos talleres: