LEMOS NA CASA

Ola Ratonciños! Póñome en contacto convosco para recordarvos que estes días na casa son ideais para pasar o tempo rodeados de libros de lectura. Debido ao precipitado da situación pode que teñades algún empréstito na casa ou pode que non. Algúns seredes os afortunados gardiáns das Mochilas Viaxeiras. Para os demais hoxe traemos unha serie de propostas para ter a oportunidade de ler na casa.

A editorial Webble ofrece libros gratuítos para descargar ou ler en liña:

 

⇒ Libros y cuentos infantiles gratuitos | Descarga gratis

A Biblioteca Nacional de España (BNE) ofrece unha selección de libros infantís dixitalizados. Tedes que seguir este enlace, facer click na casiña “seleccionar”, na imaxe  despois e o libro ábrese noutra pantalla.

Resultado de imagen de bne

Nesta páxina tedes unha variedade de contos inmensa, clasificados en contos clásicos, ilustrados e populares doutros países do mundo.

Por último, o CEIP de Leirado de Salvaterra de Miño ofrece no blogue da súa biblioteca unha magnífica selección selección de audiocontos. Moitas grazas compañeiras!

Biblioteca de Leirado

Espero que vos guste a nosa selección!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *