Primeira parada na nosa viaxe arredor do Mundo!!!
“A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS”
Dende o equipo de biblioteca e o equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, temos o gusto de presentar un novo proxecto mediante o cal a través da historia “A volta ao mundo en 80 días“, de Julio Verne, visitaremos, investigaremos e coñeceremos máis sobre os países e cidades que visita o protagonista da historia.
Dita experiencia, proporcionará un gran descubrimento tanto a nivel intelectual como cultural e social.
A continuación deixamos algunhas das fotos da presentación do proxecto, na celebración do Día das Bibliotecas, o 23 de outubro.
24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas
Yuhuuuuuuuuuuuu!!!!!!
Estamos de celebración, estreamos blogue da nosa biblioteca e embarcámonos nun novo proxecto para este curso…
Nunhas horas saberedes de que vai…









































