PROGRAMA XOGADE CURSO 2025-2026

PRIMEIRA XORNADA

O pasado mércores 4 de febreiro de 2026 o alumnado do noso centro participou nunha xornada do programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Desprazámonos en autobús ata o centro Nosa Señora das Dores de Forcarei, onde o alumnado de Soutelo, en colaboración co colexio de Cerdedo, enfrontouse ao equipo de Forcarei en diferentes modalidades deportivas: baloncesto, fútbol e balonmán.

Foi unha mañá chea de actividade física, compañeirismo e respecto, na que os nenos e nenas gozaron do deporte e demostraron unha excelente deportividade, celebrando cada xogada e animándose mutuamente.

Agradecemos ao centro anfitrión a súa acollida e felicitamos ao alumnado pola súa actitude.

A continuación podedes ver o vídeo resumo da xornada.

SEGUNDA XORNADA

O venres 6 de marzo, o noso centro en colaboración co CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo-Cotobade, desprazámonos ata o CEIP de Tenorio para desfrutar dunha mañá de convivencia, colaboración e deporte. 

O alumnado dos tres centros educativos compiteu nas modalidades de fútbol e baloncesto, demostrando unha vez máis que o deporte vai máis alá de gañar ou perder, vai de saúde, de desfrutar, de socializar, de inculcar valores como o esforzo e a deportividade… e todo o alumnado demostrou ser un gran CAMPEÓN en todos estes aspectos.

MOITAS GRAZAS AO CEIP DE TENORIO POLA ACOLLIDA E TAMÉN A TODO O ALUMNADO POR PARTICIPAR CON TANTA DEPORTIVIDADE. 

 

TERCEIRA XORNADA

O 15 de abril de 2026, o alumnado do CEIP Avelino Cachafeiro de Soutelo de Montes e do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo participou na terceira xornada de deporte escolar do programa Xogade, celebrada no CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro.

Foi unha mañá chea de movemento, ilusión e compañeirismo, na que os nenos e nenas gozaron competindo en fútbol, balonmán e baloncesto.

Deixámosvos un vídeo resumo desta xornada deportiva tan especial!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *