CHEGOU…  O ENTROIDO!! 

As Ordes de Osiños xa están aquí 

No noso cole xa se empeza a notar…
cheira a festa, música, cores, movemento… e moitísimas ganas de pasalo ben!

Durante esta semana celebraremos o Entroido seguindo as divertidas Ordes dos Ósiños. Cada día teremos unha proposta diferente para vir ao colexio caracterizados. 

Lede moi ben: hai días para quentar motores, días de acción pura, tamén días de relaxación e outros de imaxinación; en fin…

LEDE BEN

 

A verdade é que este ano as ordes de Ósiños fixeron saltar a creatividade e imaxinación do noso alumnado. Aquí tedes algúns exemplos do que foi esta semana no centro:   

Día da Paz

O alumnado elaborou un cartel da pomba da paz utilizando as súas mans pintadas, simbolizando que a paz constrúese entre todos e todas.

O cartel inclúe dous códigos QR que permiten descubrir contidos creados polo alumnado:

  •  Un vídeo no que se converten en magos da paz, e
  • Unha coreografía de “Mi Mochila es de la Paz”, de Unai Quirós, onde se traballan valores como o respecto, a amizade e a convivencia.

 

Unha actividade creativa que combina arte, movemento e tecnoloxía para lembrar que a paz se constrúe cada día. 

Aquí vos deixamos os dous vídeos enlazados: