Rematando o curso escolar empezamos a recibir de volta as Mochilas Viaxeiras que visitaron as casas do noso alumnado durante este curso. Os primeiros en devolvelas foron Educación Infantil e o 1º ciclo de Educación Primaria. Aquí vos deixamos os traballos das libretas desas mochilas que con tanto agarimo fixeron coas súas familias.

 

Con motivo da celebración das Letras Galegas, coñecimos a vida e obra do autor homenaxeado este ano 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 

Nesta tarefa o alumnado para coñecer a este autor tivo que convérterse en artista e deseñar unha caricatura, logo coas dúas premiadas confeccionamos marcapáxinas que repartimos polo pobo. Os máis maiores do centro tiveron que programar e traballar coa robótica para acceder a diversa información sobre a vida e obra do autor.

Temos que agradecer a Francisco Fernández del Riego todo o amor e traballo que realizou en prol de Galicia.

AQUÍ VAI A NOSA HUMILDE HOMENAXE 

<

Tamén se traballou este día dende Educación Física.

Coincidindo coa celebración das Letras Galegas levouse a cabo, dende a área de educación física, a aprendizaxe dun baile galego. Neste caso a canción que interpretaron é a muiñeira de Chantada. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

 

 

O xoves 11 de maio  contamos no centro coa compañía de Pablo Seoane.

Grazas a este gran gaiteiro, desfrutamos dunha xornada de aprendizaxe lúdico onde Pablo nos sumerxiu na maxia da nosa música tradicional e popular.

Podedes ver unhas imaxes deste CONCERTO-CHARLA DIDÁCTICA SOBRE INSTRUMENTOS POPULARES E TRADICIONAIS.

 

O día 24 de abril, algúns membros da ANPA Meixoeiro, achegáronse ao centro para facernos unha visita nas nosas aulas e traernos o mellor agasallo do mundo: UN LIBRO, un amigo!!!!

Premede nos diferentes botóns interactivos para ver imaxes desta marabillosa visita:

MOITAS GRAZAS A ANPA!!!

 

 

O martes 21 de marzo, participamos nunha actividade conxunta entre o CEIP Soutelo de Montes, A Mancomunidade de Montes de Vilapouca e o Distrito Forestal XVI.

O día da árbore comezou cunha camiñata ata o monte comunal de Vilapouca onde o alumnado, profesorado e axentes forestais ademais dos comuneiros de Vilapouca compartimos grandes momentos. Podedes ver as actividades que realizamos e canto aprendimos e nos divertimos.

 

                                                  

VIVA A NATUREZA!!!

LEMBRADE QUE HAI QUE COIDALA MOITO!!!