O día 21 de marzo temos varias celebracións. Por un lado, o Día Internacional dos Bosques, o Dia Mundial da Poesía e tamén o Día Mundial do Sindrome de Down.
No cole fomos ata o monte comunal acompañados por varios axentes forestais e a presidenta da comunidade de montes para levar a cabo unha plantación de distintas especies nunha zona onde, en cursos pasados xa estivemos plantando. Como novidade, este ano, realizouse unha localización GPS de cada exemplar coa intención de que o próximo curso, cada alumno e alumna poda identificar a árbore plantada.
Pinchando no enlace podedes ollar a noticia nos medios:
E na presentación podedes ver unha fotiños da xornada: