
FESTIVAL NADAL 2022
Estamos encantados de mostrarvos o traballo deste ano do noso FESTIVAL DE NADAL.
En primeiro lugar, PARABÉNS ao noso alumnado polo seu traballo e esforzo.
Queremos agradecer ás familias e a ANPA por acompañarnos e axudarnos neste día tan especial que xa levabamos dous cursos botando moito de menos.
Deixámosvos dous vídeos: no primeiro veredes as actuacións gravadas en vídeo, e no segundo algunhas imaxes dese día.

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Neste trimestre o alumnado do centro estivo acudindo en dúas xornadas diferentes a unhas charlas sobre Igualdade. Estas charlas estiveron organizadas pola ANPA Meixoeiro.
CHARLA IGUALDADE I
CHARLA IGUALDADE II
COMO BROCHE FINAL A ESTA ACTIVIDADE O NOSO ALUMNADO GUIADO POR ANA, DECOROU O CORREDOR DA ENTRADA DA NOSA BIBLIOTECA.
MIRADE QUE ARTISTAS TEMOS NO CENTRO:
Diseño de ROSA ARES PAZOS
Para poñer o broche final a este día tan especial, o Concello de Forcarei, convidounos a realizar unha actividade xunto co CEIP Nosa Señora das Dores, onde cada neno-a levou unha man de cartolina que representaba STOP VIOLENCIA, e nela escrita unha oración rexeitando este tipo de condutas.
Logo todos-as asistimos á lectura dun MANIFESTO por parte da Concellería de Igualdade.
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE FORCAREI POR FACERNOS PARTÍCIPES DESTA ACTIVIDADE
Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan importante para toda a sociedade:
MAGOSTO 2022
Chegou esta festa tan esperada e divertida.
Este curso xa pola mañá fixemos diversas actividades para traballar esta tradicional festa: os máis pequenos xogaron a BOOM!! e os maiores fixeron un Kahoot por Equipos!! Ao rematar, e co permiso da climatoloxía, desfrutamos no patio dunha xornada de “Xogos Tradicionais”
BOOM DE INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
KAHOOT PARA O 2ºe 3º CICLO DE PRIMARIA
(Premede sobre a palabra KAHOOT para poder velo)
KAHOOT
Despois asamos as castañas e algunhas cousiñas máis que estaban riquíisimas.
Temos que agradecer estas delicias aos encargados da grella: Miguel e Rufino.
MOITÍÍÍÍSIMAS GRAZAS
Aquí podedes ver un vídeo testemuña deste marabilloso día:
Ademais algúns alumnos-as do colexio cantaron e recitaron poemas relacionados coa temática:
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

SAMAÍN 2022
O alumnado do CEIP Soutelo de Montes festexou o Samaín cunha intensa xornada cargada de actividades. Algunhas das tarefas que se levaron a cabo foron: “As ordes de Osiños”, creación do “Monstro Mafú”, “As verbas do Samaín”, exhibición de disfraces, mostra de cabazas, actividades dende a aula de AL, Escape room de terror e varios retos terroríficos para poder descifrar unha mensaxe final.
Estas son as instrucións xunto cos enlaces para realizar unha xincana que fixemos o día de Samaín. Preme sobre: XOGO SAMAÍN para poder ver o deseño da tarefa e as solucións.
XOGO SAMAÍN
https://drive.google.com/file/d/1PnNCWOg06ScCaoApDWwlkcqNq3jyMwdo/view?usp=sharing
A tarefa consiste en resolver un escape room dixital e tamén un conxunto de retos variados.
ESCAPE ROOM DIXITAL
CONXUNTO DE RETOS
AQUÍ TEDES UN VÍDEO ONDE PODEREDES VER IMAXES DESTE DÍA TAN TERRORÍFICO!!!
Ademais o alumnado de Infantil dende a aula de AL traballou esta temática dun xeito moi especial:
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este ano o lema do día das bibliotecas escolares é: “Escribir a Biblioteca Escolar”
No colexio imos comezar cantando e ninguén mellor para facelo que MAGÍN BLANCO.
Mirade o ben que o pasamos:
DÍA DAS ESCRITORAS
Para celebrar este día o noso alumnado tivo que exercer de investigadores para averiguar os nomes das dez descoñecidas (ou non tanto) do taboleiro.


SAMAÍN
Achegádevos a dar conta da nosa selección de lecturas relativas ao Samaín!
