Como xa chegou o bo tempo, dende a biblioteca decidimos que se estaba moi ben no patio do colexio, así que enviamos para alí á nosa nova amiga:
CARRILEOTECA.
Como é unha nova compañeira, ímosvola presentar pero… que saibades que é moi fermosa, alegre, divertida e o que máis lle gusta son os libros, sempre vai cargadiña de libros e está máis que disposta a compartilos con aqueles nenos e nenas que lle apeteza ler, ollar, mirar, investigar e mesmo falar sobre os libros que ela nos trae ao patio.
AQUÍ ESTÁ:
E.. MIRADE QUE BEN O PASAN OS NENOS E NENAS CON ELA
E COMO A AXUDAN A ELIXIR OS LIBROS QUE MÁIS MOLAN PARA SACAR AO PATIO
O pasado luns o patio do colexio mudou o seu aspecto habitual para converterse nun circuito onde peóns, ciclistas e condutores de karts foron os auténticos protagonistas!
Persoal da “Dirección General de Tráfico” (DGT) estivo no cole ofrecendo un taller de Educación Vial. Primeiramente, unha parte teórica a través dunha charla que a continuación se complementou coa parte práctica. Cales son as normas cando somos peóns e cando somos condutores?Os nosos peques tivérono claro…
Infantil, 1º e 2º subíronse as súas bicis e, a pesar de que chovía un pouco, non deixaron de poñer en práctica o aprendido e disfrutar un montón…
Os máis maiores estiveron super emocionados conducindo os karts e tamén simulando ser peóns…
E… aquí está, por fin, a nosa curta. Desexamos que vos guste moito!!!
Nós pasámolo xenial con este proxecto, aprendimos unha morea de cousiñas e démonos conta de que vivimos nun concello fermosísimo!!!! cheo de historia, tradición e paisaxes incribles!!!
Como xa sabedes, dende o curso 2014/2015 estase a levar a cabo un Plan de Formación Intercentros da comarca de Terra de Montes. Os tres centros participantes son: o CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) o CEIP de Soutelo de Montes (Soutelo de Montes- Forcarei) e o CEIP San Xoán Bautista (Cerdedo). O obxectivo é acadar os coñecementos e destrezas necesarias para deseñar e aplicar as programacións LOMCE. Seguindo as directrices do novo curriculo cada centro deseñará unha tarefa integrada dentro dun marco común para os tres (a nosa comarca), aplicará dita tarefa e expoñeraa á comunidade educativa como broche final á formación recibida ao longo destes catro cursos. Na nosa tarefa priorizamos a investigación (lectura e comprensión) a expresión oral, o traballo en grupo, as aprendizaxes significativas, as Tics e as emocións.
A relación coas outras UDIS, é que cada centro deseñou a súa tarefa dentro do marco común que é a comarca, onde se traballaron todo tipo de aspectos: características sociais e naturais, patrimonio cultural e artístico, historia… O noso centro traballou a contorna natural( río,fauna e flora) e o patrimonio cultural e histórico ( muíños e pontes) tomando como centro de interese o río Lérez. A temporalización foi no 2º e 3º trimestre do curso 2017/2018.
O produto final presentado polo noso centro foi unha maqueta interactiva do río Lérez, outra maqueta en realidade aumentada dun muíño, ademais de diferentes técnicas de cantería e unha ponte tamén en 3D para logo expresar todo o traballado nunha fermosa curta.
Este é o cartel anunciador do evento que foi o día 18 de maio no auditorio de Cerdedo.
A continuación ímosvos mostrando o noso traballo, paso a paso.
En primeiro lugar, o traballo de avaliación inicial, pescuda de información, así como de investigación e conclusións recollímolo nesta publicación:
Unha vez documentados o segundo paso, foi plasmar o aprendido en diferentes maquetas:
Esta é unha maqueta interactiva xa que a través do escaneado dos códigos Qr proporciona información adicional. Dita información preséntase a través de vídeos explicativos. E esta vez os que explican non son os mestres senón o propio alumnado.
ESCOITADE, ESCOITADE CON MOITA ATENCIÓN!!!
Quedounos clarísimo nenos e nenas!!!
Pero, por se quedara algunha dúbida…
Agora vén o mellor: nuns días PUBLICAREMOS A PELÍCULA!!!!
Estade atentos Á PEREGRINAXE DE FREI BIEITO!!!!!!!
Esta semana celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. No 2018 e despois de 56 edicións adícaselle á cuarta muller, MARÍA VICTORIA MORENO, extremeña de nacemento pero que desde que descubriu o galego, entregou a súa vida a promocionalo e defendelo.
No cole tivemos moita sorte coa ANPA MEIXOEIRO porque agasallaron a todo o alumnado e tamén á biblioteca do centro cunha das obras da autora: LEONARDO E OS FONTANEIROS, así que…moitísimas grazas.
Hoxe, desde o CEFORE de Pontevedra, facíase eco da clausura do Plan de formación intercentros 2014-2018. CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES, CEIP DE SOUTELO DE MONTES E CEIP SAN XOAN BAUTISTA.
Os nosos maiores e os compañeiros/as do cole de Forcarei, acompañados polos seus profes foron esta fin de semana ver xogar o equipo de baloncesto OBRADOIRO de Santiago de Compostela.
O pasado día 2 a Asociación de Nais e Pais, ANPA MEIXOEIRO, do noso cole en colaboración co concello de Forcarei organizaron unha xornada de hixiene bucal para o alumnado do centro. Esta actividade contou coa participación do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia. Moitísimas grazas por todo o que nos ensinastes!!!
Xa está cerca o mes de xuño e para o alumnado de 6º supón facer uns traballiños extra para recaudar fondos para a excursión de fin de curso.
No última feira do pobo alí estiveron vendendo distintos produtos. Algúns elaboráronos eles no cole e con outros colaboraron as familias, así que moitísimas gracias!!!
Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso, tanto de elaboración, envasado e etiquetado das pastas caseiras como do propio día da feira.
Con motivo do día do libro, e no marco do proxecto que estamos traballando durante este curso 2017/18, hoxe publicamos o noso guión teatral:
“PEREGRINAXE POLA SENDA DO LÉREZ”
Esta pequena obra de teatro será o instrumento de axuda para a gravación da curtametraxe que leva o mesmo nome.
Para escribilo baseámonos nun traballo previo que consistiu en investigar sobre os animais, plantas, muíños e pontes que se atopan no río Lérez ao seu paso polo concello de Forcarei.