O noso alumnado ten á súa disposición unha selección de exemplares que lles van axudar moito na actividade que realizaremos en relación co Día das Bibliotecas Escolares.
Que será? Estade atentos!
O noso alumnado ten á súa disposición unha selección de exemplares que lles van axudar moito na actividade que realizaremos en relación co Día das Bibliotecas Escolares.
Que será? Estade atentos!
Damos a benvida a este curso 2020-2021 coas últimas novidades chegadas á nosa biblioteca. Non as perdades!
Como ben sabedes o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano dedícanse a Ricardo Carballo Calero, un escritor ferrolán moi comprometido coa lingua galega. Xa que non podemos celebrar este día na nosa biiblioteca ímolo facer desde as nosas casas, pero… como? “As Pitas Baixo a Choiva” é un relato autobiográficio de Ricardo Carballo Calero que sei que vos vai encantar. Por iso vos deixo este enlace para gozar da historia:
Gustouvos, verdade? Propóñovos agora unhas actividades interactivas sobre esta historia, seguro que as faredes xenial!
Ola Ratonciños! Póñome en contacto convosco para recordarvos que estes días na casa son ideais para pasar o tempo rodeados de libros de lectura. Debido ao precipitado da situación pode que teñades algún empréstito na casa ou pode que non. Algúns seredes os afortunados gardiáns das Mochilas Viaxeiras. Para os demais hoxe traemos unha serie de propostas para ter a oportunidade de ler na casa.
A editorial Webble ofrece libros gratuítos para descargar ou ler en liña:
A Biblioteca Nacional de España (BNE) ofrece unha selección de libros infantís dixitalizados. Tedes que seguir este enlace, facer click na casiña “seleccionar”, na imaxe despois e o libro ábrese noutra pantalla.
Nesta páxina tedes unha variedade de contos inmensa, clasificados en contos clásicos, ilustrados e populares doutros países do mundo.
Por último, o CEIP de Leirado de Salvaterra de Miño ofrece no blogue da súa biblioteca unha magnífica selección selección de audiocontos. Moitas grazas compañeiras!
Espero que vos guste a nosa selección!
Xa chegou o gran día. Hoxe no colexio estamos todos moi diferentes… non sei que pasa que non coñezo a ninguén!!!
Se vos tamén tedes curiosidade, podedes vernos a partir das 12:00 no tradicional desfile polas rúas de Soutelo. Remataremos na praza do Gaiteiro, onde a Anpa nos convidará a un delicioso chocolate quentiño.
Este ano a temática dos disfraces está relacionada coa arte conceptual. Estamos a traballar as emocións a través da obra do artista Sol Lewitt. Aquí tedes a pancarta de presentación do desfile.
ESPERÁMOSVOS!!!
Xa rematou o Entroido!! Que ben o pasamos!!
A climatoloxía foi ideal, desfilamos polo pobo acompañados das familias e veciños.
Chegamos á plaza do Gaiteiro e alí tomamos un chocolate quentiño para repoñer forzas. Moitas grazas a Anpa Meixoeiro por convidarnos e logo… FESTA RACHADA!!!
Bailaron todos e todas: nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais…
Moitas grazas ao profe Manuel por acompañarnos estes últimos meses e axudar a facer este Entroido un pouco máis especial. Aproveitando que era o seu último día no noso centro desexámoslle moita sorte. De seguro que non te esqueceremos!!!
Podedes comprobar o divertido que foi este día no seguinte vídeo:
Este curso, como estamos a traballar as emocións, que mellor oportunidade que expresar as nosas emocións sobre a Paz a través da arte.
Para iso, cada aula deseñou unha obra pictórica sobre a Paz, relacionouna cunha obra musical e con outra literaria(algunhas delas incluso as crearon os propios alumnos) e o traballo final presentámolo dun xeito moi orixinal: EN CAIXAS.
Para rematar unimos as emocións das catro aulas cunha corda.
Mirade que obra de arte!!!!
AQUÍ TEDES UN AUDIO ONDE O ALUMNADO DE 1º E 2º DE pRIMARIA RECITA UN FERMOSO POEMA:
Aquí vos deixamos un vídeo con máis fotos, cancións, coreografías e poemas do noso alumnado.