Xa estamos nunha das datas máis añoradas no noso centro.  Un ano máis, pensamos, decidimos, decoramos, ensaiamos, disfrazámonos e aquí está o resultado. Moitas grazas ás familias por asistir ao festival un ano máis, e compartir así unha xornada tan especial; e grazas tamén  a ANPA por colaborar neste día xa que invitou ao noso centro, nada máis e nada menos, que a…

…PAPÁ NOEL !!!

FESTIVAL DE NADAL 2019

FOTOS DO FESTIVAL

 

VIDEO DAS ACTUACIÓNS MUSICAIS

 

OBRA DE TEATRO DO ALUMNADO DE 5º/6º DE  PRIMARIA:

“IR Á ESCOLA NON AMOLA”

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero fixemos unha selección de libros pola igualdade. Esperamos a  vosa visita! 

 

 

Durante a semana do 25 ao 29 de novembro realizamos diversas actividades relacionadas coa temática da igualdade que vos presentamos a continuación:

Este curso, ante o éxito que tivo no magosto pasado o xogo de léxico: BOOMM!!! , decidimos ampliar as preguntas e facer o xogo interactivo para que así, ademais de xogar todos e todas xuntos no colexio, poidades xogar na vosa casa coas vosas familias.

Aquí o tedes: 

 

 

Xa se achega unha das datas máis terroríficas do curso: O SAMAÍN!!!

Este ano celebrarémolo o mércores día 30 de outubro, pero uns días antes xa se empeza a respirar un ambiente un pouco terrorífico no cole:

 

 

 

 

 

Como cada ano, as familias que así o desexen poderán traer decorada a súa cabaza da casa e o mércores 30, o alumnado que queira, poderá vir disfrazado cunha temática relacionada con esta tradicional festa.

Chegou o día, e coma sempre, a creatividade das familias non deixa de sorprendernos tanto na decoración de cabazas como no diseño dos disfraces. Aquí está a proba:

Durante este curso imos traballar as emocións e que mellor oportunidade  que o SAMAÍN para analizar os nosos MEDOS,NOXOS, ASOMBROS…

Aquí vos deixamos un blogue onde reflectimos dalgunha maneira as emocións máis presentes do Samaín:

 

 

             AS EMOCIÓNS DO SAMAÍN

 

E, para rematar este emocionante día, nada mellor que un postre terrorífico:

COULANT DE CHOCOLATE sobre SANGUE (marmelada de arándanos)

elaborado polo alumnado de 5º e 6º  de Primaria e baixo a supervisión do noso CHEF: RUBÉN.

ESTABA TERRORIFICAMENTE DELICIOSO!!!!

coulant