Comezamos o curso cunha novidade que nos acompañará todo o curso: a revista “O Papagaio”.
“O Papagaio” é un xornal para nenos e nenas que trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada e literatura entre outros moitos. Está á vosa disposición na biblioteca para ler cando queirades. Vide botarlle un ollo, vaivos encantar!
Canto traballamos, rimos, disfrutamos, sorprendimos e sorpendéronnos, tamén nos enfadamos, choramos e sufrimos, pero en definitiva….
FOI UN GRAN CURSO 2018/2019!!!
Como todos os anos o colexio e a ANPA Meixoeiro, organizaron a festa tan esperada polo noso alumnado: inchables, chapas, maquillaxe, xogos, cochiños, demostración de zumba e como remate, para recuperar forzas, uns pinchos deliciosos…
MOITAS GRAZAS A ANPA MEIXOEIRO POR COLABORAR CO COLEXIO UN ANO MÁIS.
As imaxes deste día quedan no noso recordo e corazóns porque, coma sempre, despedimos as alumnas de 6º de Primaria que se van para o instituto. Botarémosvos en falta, pero sabemos que ides a comezar un novo período nas vosas vidas cheo de emocións, ilusións e esperanzas.
Como ben sabedes, o proxecto do curso pasado que realizamos xunto co CEIP Nosa Señora das Dores e o CEIP San Xoán Bautista, recibiu dos premios.
Pois chegou a hora de recollelos e así o fixeron os directores dos tres centros e a coordinadora do Proxecto: María Abilleira.
Deixámosvos o enlace da noticia que publicou o Faro de Vigo. Para nós é un orgullo recibir estes dous premios e queremos volver a dar as grazas ao alumnado e ás familias polo seu esforzo e adicación.
Como ben sabedes, este curso mergullámonos na nosa biblioteca para navegar polos mares e océanos do mundo, pero esta vez tivemos uns compañeiros excepcionais: o alumnado e profesorado do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei.
O produto final do traballo conxunto dos dous centros foi unha exposición común que tivo lugar no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, chamada:
O mércores 12 inauguramos a exposición e realizamos diversos talleres:
Para celebrar o Día das Letras Galegas 2019, decidimos seguir o exemplo de Antón Fraguas, escritor homenaxeado este ano.
Antón era un gran defensor das tradicións e costumes das aldeas e pequenas vilas. Un dos temas sobre os que escribiu foron as Romarías, así que, nós despois de informarnos sobre a súa vida e traballo decidimos seguir o seu exemplo e falar das romarías do noso concello. Ao mesmo tempo o alumnado de 4º de primaria do CPI Atios de Valdoviño axudounos investigando sobre as romarías da súa zona.
Deste xeito decimos compartir a información a través dunha plataforma que nos fose doada de empregar para que os nenos e nenas puidesen traballar de xeito autónomo.
A plataforma empregada é PADLET e a nosa tarefa chámase:
As novidades non paran de chegar a Bibliosoutelo! Coma de costume temos libros moi divertidos, interesantes e entretidos, pero desta vola temos, ademais, “Geronimo Stilton: Las Aventuras de Marco Polo”, agasallado por Le Grand Martin na semana da celebración do Día do Libro. Moitas grazas!
O noso expositor de libros relacionados co noso proxecto non para de medrar! Recordade visitalo tamén en busca de novidades!
Aquí tedes as novidades que nos acompañarán estas semanas!
Fixástesvos ben?! Si, si, temos dous exemplares adicados á figura de Antón Fraguas, o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2019. Vide canto antes ollalos!
Como xa sabedes, este curso vivimos mergullados nos mares e océanos. Así que, con motivo do día do libro, decidimos escribirlle unhas rimas ben fermosas a estes mares e océanos que cada vez coñecemos e queremos máis.
INFANTIL: océanos
1º/2º PRIMARIA: peixes
3º/4º PRIMARIA: naufraxios
5º/6º PRIMARIA: romarías.
E logo, todos a mergullarse nas augas do noso Océano máis poético: